CIMA

CIMA

Cultural Information Made Accessible (Información Cultural Accesible)

Pictogramas cima

A primeira barreira que dificulta o goce dos recursos culturais é, en moitos casos, o acceso á información. Cuestións como navegar entre a información dixital ou buscar datos como as horas de apertura, os prezos ou as políticas de acceso e uso poden supoñer un muro entre o recurso cultural e o seu posible público asistente. Incluso a linguaxe pode ser difícil de entender para colectivos emigrantes ou persoas con necesidades complexas de comunicación, por exemplo. Numerosos informes e estudos de ámbito internacional veñen sinalando a necesidade de facer accesible a todas as persoas a información cultural -especialmente ao público que sofre máis desvantaxes- e mais a variedade de oportunidades culturais dispoñibles.

A aplicación CIMA (“Cultural Information Made Accessible” – “Información cultural feita accesible”) está pensada para salvar esta fenda. Tan só se require achegar unha serie de datos simples, sinxelos e coidadosamente seleccionados polo equipo de persoas expertas e, sobre a base deles, a aplicación xerará un documento PDF (accesible a lectores de pantalla) con textos pictográficos e fáciles de ler. No deseño desta aplicación púxose o máximo coidado en todos os detalles que garanten a accesibilidade do resultado, tales como tipografía, contraste de cor, iconografía e transparencia dos pictogramas, etc.

O documento pode personalizarse con toda a información que se desexe, ademais de permitir engadir os logos da actividade ou recurso cultural e da institución ou entidade organizadora. Esta aplicación web é gratuíta e fácil de usar.

Empece a usar CIMA agora!

VIDEOTITORIAL

DOCUMENTACIÓN ADICIONAL:

Manual en galego

> Manual de desenvolvedor (inglés)

> Github de CIMA