CIMA preséntase dentro da Xornada "Museos Sociais" no Museo das Peregrinacións de Santiago

Submitted by gestor on Xov, 06/10/2022 - 08:37

CIMA preséntase dentro da Xornada "Museos Sociais" no Museo das Peregrinacións de Santiago

05 Out 2022, 09:55 AM
Enrique Costa (UVigo) e Fátima García Doval (Xunta de Galicia) nun momento da presentación de CIMA

A Xunta de Galicia programou para o día 5 de outubro a xornada Museos Sociais, para formar aos profesionais da cultura no deseño de políticas inclusivas no eido específico dos museos galegos coa presenza de arredor dun cento de persoas dos centros que forman parte do Sistema Galego de Centros Museísticos, así como bolseiros que realizan as súas estadías formativas nos centros xestionados pola Xunta.

A iniciativa forma parte do traballo do Goberno autonómico por garantir unha cultura accesible a todos os colectivos e en todos os territorios de Galicia a través de distintas liñas de actuación. Entre elas, destaca a máis recente, o inicio dos trámites para a futura Lei de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia, para a que xa está aberto o proceso de consulta pública. 

Unha das intervencións correu a cargo de Fátima García Doval e de Enrique Costa, membros de ALLURE en representación da Xunta de Galicia e da Universidade de Vigo respectivamente, que presentaron ao público especializado a aplicación web CIMA  (Cultural Information Made Accessible), elaborada polo Grupo GTI de atlanTTic, que xa está dispoñible e poder ser usada libremente e de xeito gratuíto por calquera persoa, entidade e institución, en castelán, galego, portugués, inglés, polaco, islandés e ucraíno, este último co obxectivo de facilitar o acceso da poboación desprazada polo conflito aos diferentes eventos e recursos culturais.