O Proxecto Allure
É unha realidade que moito público adulto non utiliza recursos culturais debido a diferentes problemas de accesibilidade
Ligazón: Folleto informativo de ALLURE
→ Este proxecto chámase ALLURE.
→ Este proxecto quere que a cultura sexa accesible para todas as persoas.
→ Este proxecto quere que todas as persoas aprendan en actividades culturais.
→ Con este proxecto as actividades culturais teñen información e recursos accesibles.

Persoas con discapacidade

Competencias comunicativas limitadas na lingua local

Falta de coñecementos previos
Aplicación de Acceso (Cultural Information Made Accessible - CIMA):
Aplicación web orientada a ofrecer información en formatos accesibles (diferentes idiomas, textos, TTS, pictogramas, etc.) sobre cuestións básicas de uso do recurso cultural, tales como horas de apertura/peche (ou inicio/fin), dispoñibilidade de escaleiras mecánicas ou ascensores, carreiros accesibles para cadeiras de rodas, información en Braille, pictogramas, audioguías... sobre as pezas do museo, aseos accesibles, etc.
App para o deseño e uso de actividades educativas para adultos.
A través dun proceso de "design thinking" ou "pensamento de deseño", preténdese o desenvolvemento e implementación dunha aplicación capaz de xerar actividades educativas accesibles para adultos, por exemplo, circuítos de descubrimento guiado ou cazas do tesouro.
Informes sobre a estado da arte e as necesidades da educación de adultos no uso de recursos culturais:
Trátase de identificar que se está facendo e que se necesita á hora de ofrecer e potenciar, desde os recursos culturais, actividades formativas para a educación de adultos, especialmente aqueles en risco de exclusión cultural.
Boas prácticas e recomendacións:
Completo informe que analice en profundidade as mellores prácticas detectadas no informe previsto no apartado anterior, inclúa recomendacións de expertos e ofreza pautas de uso en contexto das aplicacións desenvolvidas.