Libro Allure

Cultura inclusiva para a aprendizaxe ao longo da vida. Libro

Portada libro

Foi unha longa viaxe para o Proxecto Allure. O esforzo foi colosal. O obxectivo pagou a pena. A inclusión cultural como medio de aprendizaxe ao longo da vida para todas as persoas é -ou polo menos debería ser- unha prioridade de primeira orde para todos os países europeos. As sinerxías entre o ensino formal e os recursos culturais para a educación non formal e informal requiren que este último sexa amplamente accesible para unha variedade de usuarios potenciais. Isto, por suposto, foi un asunto de gran preocupación para as institucións culturais dos países occidentais e, concretamente, dentro da Unión Europea (UE).

Agardamos que poidas aproveitar as leccións que aprendemos, os recursos que desenvolvemos e as ideas que recollemos. Todos eles están compartidos neste libro. A inclusión cultural é unha fenda que podemos salvar xuntos. Únete. Comparte. Experimenta. Á fin, ese é o único camiño. Hai moitas cousas que xa podes facer, moitas que xa fixeches (quizais sen sequera decatarte).

Equipo ALLURE,

Enlace: Cultura inclusiva para a aprendizaxe ao longo da vida (libro PDF; versión galego - inglés)